Madre, sufro de saudade,
teño medo á soidade
a esquecer a miña terra
a esquecer a súa paixón.
Madre, sufro ansiedade,
teño un buraco no peito
que non me deixa nin mirarme,
a mente é un ser escravo.
Estancada sen confianza,
unha familia alonxada
a de sangue perdida
e a de confianza gañada.
Baleira sen ensinanzas,
loitando polas lembranzas
da persoa que fun
e que xa non atopa esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario